Wednesday 01 de May de 2024

O Concello de Moeche mantén aberta a licitación para xestionar o bar do mercado


As propostas poden presentarse até as 23:59h deste venres, sobre un prezo mínimo de 100 euros mensuais

O consistorio tamén ten aberto até o xoves o prazo de recepción de ofertas para a xestión do mantemento eléctrico

A piques de rematar o prazo da actual de concesión por contrato menor, a licitación da concesión de uso privativo do posto de espazo -bar dentro da nave do Mercado, aprobada en sesión de Xunta de Goberno Local, está publicada na Plataforma de Contratos do Sector Público. O prazo para presentar ofertas está aberto ata o 16 de decembro.

A concesión do uso privativo do posto de Espazo Bar, realizada mediante contrato menor, remata o seu prazo e o Concello procedeu a aprobar en Xunta de Goberno a nova licitación do contrato de concesión por procedemento aberto simplificado e tramitación ordinaria. As empresas ou persoas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o próximo 16 de decembro.

O canon base e mínimo que serve de base de licitación cifrase en 100 euros mensuais netos (sen IVE). -En canto á vixencia, a adxudicataria deberá prestar os seus servizos durante dous anos ampliables por outros dous máis, de modo que o importe do canon base e mínimo da licitación se sitúa en 4.800 euros polo total dos catro anos.

As persoas ou entidades licitadoras deberán cubrir o tipo de licitación, ou ben melloralo en favor da Corporación contratante, e non será válida a oferta dun canon inferior nin unha que conteña cifras comparativas respecto da máis vantaxosa.

Toda a documentación referida ao proceso de licitación está na Plataforma de contratación do Sector Púbico. O prazo para rexistrar as ofertas a través da mesma plataforma finaliza ás 23:59 h deste venres 16 de decembro.

Contrato do mantemento eléctrico
Ademais da licitación relativa á xestión do bar da nave do Mercado de Moeche, o Concello tamén ten en prazo de recepción as propostas para o mantemento eléctrico da rede de iluminación pública e das instalacións municipais.

O importe base do contrato ascende a 26.528,55 euros anuais (IVE incluído) cunha vixencia inicial de dous anos ampliables por outros dous máis. Polo tanto, para o total dos catro anos o prezo máximo da licitación quedaría en 106.114,20 €, que as empresas concursantes poden rebaixar nas súas ofertas. O prazo para rexistralas finaliza ás 23:59h deste xoves 15 de decembro.